Federación de Servicios a la Ciudadanía de CCOO | 21 mayo 2025.

CCOO lamenta profundamente o falecemento de Bibiano

  • Referente destacado do movemento cultural e musical Voces Ceibes, nos anos finais da ditadura
  • Bibiano Adonis Morón Giménez será recordado en CCOO polo seu compromiso social con Galicia, nunha difícil etapa da nosa recente historia

02/01/2017.
Bibiano Adonis Morón Giménez

Bibiano Adonis Morón Giménez

Este 28 de decembro, día de Todos os Santos, falecía inesperadamente na súa casa Bibiano Adonis Morón Giménez, máis coñecido musicalmente como Bibiano, un dos máis importantes músicos e compositores da escena musical galega, que destacou na fase final da ditadura polo seu compromiso social e a súa loita na defensa dos valores da nosa terra.

Nado hai 66 anos en Santiago de Compostela, alá polo 1950, xa na década dos sesenta, sendo moi novo e traballando en empresas auxiliares do naval de Vigo, participara na fundación das Xuventudes Comunistas, afiliado xa ás CCOO.

Máis tarde, polo 1971, uniríase ao coletivo Voces Ceibes para comprometerse, con outros grandes nomes da nosa historia literaria, musical e social, como Suso Baamonde, Benedicto, Guillermo Rojo, Xerardo Moscoso, Alfredo Conde, Margarida Valderrama, Miro Casabella, Xaime Barreiro, Tino Álvarez e outros, coa dignificación da nosa lingua e a cultura galegas, así como na denuncia activa da situación política e social que imperaba naqueles duros anos de finais da ditadura franquista.

Desde CCOO queremos dar un sentido pésame aos seus familiares e amigos, así como acompañalos nestes duros momentos, recordando que Bibiano deixa unha pegada inesquecible e imborrable, formando parte xa da nosa historia presente e futura como un extraordinario compositor e músico, así como un defensor da nosa cultura e a nosa lingua.